Ponteareas/PP | En relación ó CIM – Centro de Información á Muller que existe no Concello de Ponteareas, dende o PP de Ponteareas queremos sair ó paso das últimas manifestacións que fixeron a concelleira Verónica Carrera e o Sr Alcalde e que fai un traballo encamiñado a conseguir a igualdade efectiva entre homes e mulleres.
Según as verbas da concelleira e do alcalde, fixeron unha reorganización do CIM para dotalo dun novo equipo de persoal que atenderá a demanda de xeito mais adecuado, cando a realidade é que neste servizo o persoal do que falan xa ven prestando os seus servizos dende fai moitos anos, e a día de hoxe non existe ningunha mellora.
Para a prestación deste servizo o CIM conta dende fai anos cunha psicóloga e cunha abogada que proporcionan asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral, así como calquera outra información en asuntos relacionados coa promoción social de igualdade de xénero, e especialmente no relativo ás mulleres vítimas de violencia de xénero.
…”a realidade é que neste servizo o persoal do que falan xa ven prestando os seus servizos dende fai moitos anos, e a día de hoxe non existe ningunha mellora”
Con este novo Goberno o que sí se está a producir é unha reducción no servizo, porque ata agora contaba con esas dúas profesionais tituladas, psicóloga e abogada, e a maiores cunha administrativa que dedicaba o 100% do seu tempo a atender e facilitar información a todas as mulleres que acudían ó CIM, labor moi importante que desenrolaba de xeito adecuado dada a experiencia neste eido desta profesional, traballadora que este Goberno apartou do servizo fai uns meses.
…”reduxeron o persoal, pasando de tres traballadoras a só dúas, e amais de que lle encomendaron a abogada outros traballos”
Co cal, a día de hoxe é ridículo que o Alcalde e a Concelleira da área queiran convencernos dunha mellora no servizo porque é totalmente mentira, en primeiro lugar porque reduxeron o persoal, pasando de tres traballadoras a só dúas, e amais de que lle encomendaron a abogada outros traballos como é a defensa das cláusulas suelo (hipotecas), co cal agora dedícalle moitas menos horas ó CIM e é imposible polo tanto que o servizo esté mellor.
E xa finalmente, falaba a concelleira Verónica Carrera de que agora o servizo “por primeira vez cumpre con todos os requerimentos normativos”, cando isto é tamén é falso, xa que a situación segue igual, xa que dentro dos requisitos cos que debe cumprir o CIM está contar cun Director/a coa titulación necesaria e que preste o seu traballo no centro durante todo o horario de apertura do CIM, cousa que non sucede, porque non existe na plantilla do Concello de Ponteareas esa praza de Director e ainda que calquera das profesionais que están no servizo, abogada e psicóloga, poden facer esas funcións, tampouco están dedicadas as súas xornadas integramente ó CIM.