Vilalba | A Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolo nomean Chairegos de Honra 2017 a dous “Cantores da Dignidade” acreditados non so no tempo e disposición altruísta, senón tamén pola sublime cualidade e a especial sensibilidade interpretativa. Son Pepe Quintas Canella e Miro Casabella. Actuará Raúl Galego, o gaiteiro Nubeiro.
Será o 16 de decembro ás 12 horas na Casa da Cultura do concello de Vilalba.
Haberá unha mesa presidida por Alfonso Blanco Torrado e na que intervirán, Pilocha, Mero Iglesias, e por suposto, os dous recoñecidos cantores, que serán investidos nesta ocasión, na honra da Terra Chá. Despois haberá un xantar no restaurante Carrizo de Santaballa (20 €, apuntamentos no teléfono: 646 41 38 90