Sober | Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober; Natalia Prieto, directora xeral de Administración Local; Javier Arias, delegado da Xunta en Lugo; e Raquel Arias, concelleira, presentaron a programación da XLI Feira do Viño de Amandi e o seu cartel anunciador. A Feira celebrarase os días 11 e 12 de agosto e haberá control de acceso para cumprir coas normas sanitarias en vigor.
“A Feira celebrarase os días 11 e 12 de agosto e haberá control de acceso para cumprir coas normas sanitarias en vigor”
Os días 11 e 12 de agosto haberá, como en anos anteriores, rosca, mel e oleiría de Gundivós en Sober. Unha carpa aberta ao público contará con 6 stands: 2 rosqueiros, 2 oleiros e 2 produtores de mel.
Mes de Amandi
Martes 3 de Agosto. Ás 10:00 horas no Centro Sociocultural: xornada técnica: ‘O Castiñeiro de Froito: Planificación e deseño de plantacións’. Organiza: I.X.P. Castaña de Galicia.
Xoves 5 de Agosto. Ás 19:00 horas en Tapería Tear de Cadeiras: cata comentada de viños rosados da Subzona de Amandi (D.O. Ribeira Sacra). Dirixe: Cristina Mantilla, enóloga e docente no CPR Belarmino Fernández, de Rosende.
Venres 6 de Agosto: Ás 12:00 horas na oficina de turismo: presentación da exposición permanente do material atopado nas escavacións de Proendos.
Luns 9 de Agosto: Ás 13.30 horas no restaurante Berso: xantar&maridaxe. Dirixe a sumiller Elisabet Castro.
Martes 10 de Agosto: Ás 19:00 horas no C.P.R Belarmino Fernández: xornada técnica ‘Aprende a Catar’ (nocións básicas e diferenza de variedades galegas). Dirixe a sumiller Isabel Lozano Verdes.
Mércores 18 de Agosto: Ás 22:00 horas na Praza do Toural, Concerto de Gin Toni´s.
Sábado 21 de Agosto: Ás 20:00 horas na Praza do Toural, Concerto da Banda de Música de Muimenta.
Venres 27 de Agosto: Ás 22:00 horas na Praza do Toural: concerto á luz da lúa coa Banda de Música de Sober.
Do 1 ao 30 de agosto no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados o concurso de carteis da XLI Feira do Viño de Amandi.
Cata de viños
Con un xurado profesional celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira.
Entréganse tres primeiros premios para viños tintos da añada de 2020, un premio para viños brancos da añada de 2020 e un premio para viños envellecidos en barrica. Organiza: Vinosacra.
Concurso de carteis
Presentáronse 40 orixinais chegados de diferentes puntos do Estado. O xurado acordou outorgar o primeiro premio o traballo presentado por Eduardo Pérez Bahamonde de Vilalba e concedéronse áccesit aos traballos presentados por Isabel Núñez Montero de Pontevedra, Alfonso Giménez Ventura de Betxí (Castellón), Maica Otero Cores, de A Illa de Arousa e Irimia Codés Lillo, de Lourenzá.
Homenaxe a familia Rivas Valdés
Para acceder ao recinto feiral da Feira Mostra do Viño será preciso ter entrada. O recinto estará delimitado e haberá control de aforo para cumprir coas actuáis normas sanitarias.
O goberno local informará nos vindeiros días de cómo facerse coas entradas de acceso aos postos.
A programación dos dous días é a seguinte. Mércores. 11 de Agosto. Ás 11:00 horas: apertura oficial a cargo da familia de Benito Rivas Valdés, co-fundador da Feira do Viño de Amandi, falecido recentemente. Ás 11:15 horas: Actuación da Banda de Música de Sober. Ás 12:00 horas: pregón.
Xoves 12 de Agosto. Ás 11:00 horas: actuación de Os Xograres de Lemos. Ás 11:30 horas: comezo da Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober. Ás 13:30 horas: entrega de premios do Concurso de Cata.
Eva Amaral será pregoeira
A cantante e compositora Eva Amaral, integrante do grupo de rock ‘Amaral’, será a pregoeira da XLI Feira do Viño de Amandi.
O alcalde, Luis Fernández Guitián, agradece que a música e compositora, vinculada familiarmente coa Ribeira Sacra desde hai anos decidira aceptar o convite para ler o pregón, que pronunciará o vindeiro 11 de agosto ás 12:00 do mediodía na Praza do Concello.
O goberno local recorda que un dos seus últimos vídeoclips, ‘Halconera’ foi gravado íntegramente nas paisaxes do Canón do Sil alcanzando un gran éxito a través de Youtube e das redes sociais. Amaral ten compartido ademais en varias ocasións imaxes na Ribeira Sacra, axudando así na súa promoción como destino turístico de natureza.
“Cremos que Eva é unha persoa vinculada á Ribeira Sacra e moi coñecida e recoñecida, polo que nos seguirá axudando a que a nosa cita co mundo do viño siga facéndose máis e máis grande a pesar das circunstancia e das limitacións sanitarias ás que temos que darlle cumprimento”, resume o rexedor.