Charla-coloquio co triple Campión mundial de Trail Luis Alberto Hernando na Guarda

Este sábado día 18 de novembro ás 19:30h

A Guarda | O triple campión do mundo de Trail, Luis Alberto Hernando, que correrá o Gran Trail do Trega este domingo 19 de novembro estará dando unha charla-coloquio este sábado 18 ás 19:30 horas nos baixos do Concello de A Guarda.

Ao encontro, moderado polo periodista Terio Carrera, poderán asistir de forma gratuíta todos os participantes da décima edición do Trail do Trega.

A celebración da décima edición do Trail do Trega dará inicio o mesmo sábado 18 ás 16:00 horas con saída da andaina, a cal terá unha distancia de 12 quilómetros. O domingo celebrarase o Gran Trail e o Mini Trail, con 19 e 12 quilómetros respectivamente, atravesando unha das zonas máis espectaculares de Galicia, o Monte Santa Trega.

Os corredores poderán ademais ter a oportunidade de compartir experiencias con todo un campión do mundo o domingo na décima edición do Trail do Trega. Os últimos dorsais para a proba atópanse dispoñibles na páxina web da carreira: www.traildotrega.com