Charla sobre clausulas chan en Salvaterra

Salvaterra de Miño | Máis de 50 persoas reuníronse no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra para facer fronte as diversas dúbidas xurdidas sobre o procedemento de devolución da cláusula chan das súas hipotecas e o procedemento para reclamar os gastos hipotecarios.

En Galicia son preto de 200.000 hipotecas as que están ou estiveron afectadas polas cláusulas chan, estes afectados poderían recuperar entre 600 e 800 millóns por este cobro abusivo por parte das entidades bancarias.

 

O pasado venres 17 de marzo o Concello de Salvaterra de Miño organizou unha charla informativa en colaboración con ADICAE (Asociación de Consumidores e Usuarios de Bancos, Caixas e seguros), co fin de informar aos seus veciños e veciñas de primeira man de como se encontra o proceso de reclamación, cales son as vías abertas para reclamar e que opcións teñen, e para iso acompañaron a 1ª Tte de Alcalde, Marta Valcárcel Gómez, tanto unha representante de ADICAE Vigo como a súa avogada, que relataron todo o proceso pero sobre todo atenderon as dúbidas dos veciños e veciñas que alí se encontraban.

As primeiras dúbidas xurdidas foron sobre a propia situación da hipoteca, polo reclamar a cláusula chan se xa a amortice, resposta, sí.

Segundo paso, que fago, como reclamo, o primeiro que recomenda ADICAE e facer a reclamación ante a entidade bancaria, que terá como máximo tres meses para contestar. Dependendo de cal sexa a resosta ábrense diferentes vías. Se denegan a reclamación ou transcorre máis de tres meses sen resposta o usuario pode ir por vía xudicial. Se aceptan a reclamación hai que ver ben cales sons as opcións que dan, se devolver os cartos, se amortizar préstamo ou ofrecen algún produto financeiro, pero sobre todo asesorarse que o importe que ofrecen é o que realmente nos pertence, para iso aconsellan aos usuarios solicitar tamén un extracto da hipoteca ou un certificado das condicións da hipoteca.

Para rematar, sobre as reclamacións dos gastos hipotecarios, tamén cabe a reclamación ante o banco, o Banco de España e como última medida a vía xudicial.

Dende ADICAE e a propia Tenente Alcalde animaron a todo o mundo a reclamar o seu e ofrecéronse a dar toda a información posible aos usuarios e usuarias dende as súas oficinas.