Pontevedra | A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras para a concesión de bolsas ás e aos deportistas que xa teñen o recoñecemento da marca provincial na categoría de deportistas de alto nivel (DEPO-DAN) e na de deportistas promesa (DEPO-PROMESA). As bolsas, dotadas cun total de 200.000 euros, destinaranse a apoiar e posibilitar a súa participación nas competicións internacionais e nacionais para o ano 2019 e así axudarlles na consecución dos logros que lles permitan acadar a súas futuras metas deportivas.Esta nova marca de alto rendemento deportivo da Deputación conta con 116 deportistas na categoría DEPO-DAN e 74 en DEPO-PROMESA. En total 87 mozas e 103 mozos.
Carmela Silva resaltou que “con estas bolsas axudaremos ás e aos deportistas da provincia a preparar os seus obxectivos coa maior tranquilidade e a maior dedicación posible”
Carmela Silva relatou que “tras publicar as bases reguladoras do proxecto no mes de decembro e unha vez publicouse no BOPPO a listaxe definitiva de mozos e mozas deportistas da provincia que obtiveron o recoñecemento da nova marca da Deputación, agora apromanos as bases reguladoras para que as e os interesados poidan solicitar as axudas”.As solicitudes deberán realizarse preferentemente por medios electrónicos nun prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria e do extracto no BOPPO.
A presidenta da Deputación de Pontevedra explicou que “as e os deportistas están divididos en dous grupos de axudas, grupo A, para deportistas con recoñecemento de DEPO-DAN, e grupo B, para deportistas con recoñecemento DEPO-PROMESA”. Máis polo miúdo, no grupo A haberá catro categorías: A1, con 2.000 euros, para deportistas que acrediten un podio nun Campionato do Mundo; A2, con 1.250 euros, para deportistas do 4º posto en adiante no Campionato do Mundo ou podio no Europeo; A3, con 900 €, do 4º posto en adiante nun Campionato de Europa ou podio no Campionato de España, ou A4, 500 €, do 4º posto en adiante no Campionato de España ou podio no Campionato Galego. O mesmo ocorrerá co grupo B, deste xeito as e os do B1 recibirán 1.200 euros; do B2, 800 euros; do B3, 500 euros, e do B4, 300 €.
Máis polo miúdo, en canto á categoría de Deportista de Alto Nivel (DEPO-DAN), obtiveron a marca da Deputación deportistas dos seguintes concellos: A Estrada (3), A Guarda (4), Barro (1), Cambados (1), Cangas (10), Catoira (3), Cerdedo-Cotobade (1), Gondomar (1), Illa de Arousa (2), Lalín (1), Marín (3), Moaña (4), Mos (1), O Grove (5), Oia (1), Poio (3), Pontevedra (26), Salceda de Caselas (2), Salvaterra do Miño (1), Sanxenxo (3), Tomiño (2), Tui (12), Valga (1), Vigo (20), Vila de Cruces (1), Vilaboa (1), Vilagarcía de Arousa (2), Vilanova de Arousa (1).
Por deportes, estarán representados na categoría DEP-DAN as Federacións de: Piragüismo (49), Vela (13), Atletismo (9), Taekwondo (8), Remo (6), Triatlón (5), Loita (5), Deportes de Inverno (2), Ximnasia (2), Ciclismo (2), Judo (2), Karate (2), Tiro (2), Automobilismo (1), Bádminton (1), Caza (1), Esgrima (1), Motoclismo (1), Natación (1), Patinaxe (1), Squash (1), Tenis (1).
Pola súa banda, en canto ás e aos deportistas que obtiveron a marca DEPO-PROMESA, rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos, pertencen aos seguintes concellos: A Estrada (1), A Guarda (1), Caldas de Reis (1), Cambados (1), Cangas (2), Gondomar (2), Marín (2), Moaña (6), Moraña (1), O Grove (4), O Rosal (1), Poio (2), Ponteareas (2), Pontecesures (2), Pontevedra (16), Salvaterra (2), Tomiño (5), Tui (1), Valga (1), Vigo (17), Vilagarcía (2), Vilanova de Arousa (2).
Nesta marca están representados os seguintes deportes: Piragüismo (26), Taekwondo (12), Ximnasio (9), Bádminton (6), Esgrima (4), Judo (4), Vela (2), Baile deportivo (2), Kickboxing (2), Atletismo (2), Tenis de Mesa (1), Motociclismo (1), Patinaxe (1), Tenis (1), Xadrez (1).