Ponteareas/PSOE | Chus Garrote toma o relevo de Delfín Domínguez como Secretario Xeral, a quen tanto ela como o resto de militantes non perderon a oportunidade para agradecerlle todo o traballo realizado durante os últimos 5 anos de liderado, con quen a tenente de alcalde comezou a súa andaina política tendo a ocasión de herdar os froitos da experiencia deste compañeiro co que deu os primeiros pasos e co que traballou ata hoxe.
Con estes froitos, acadou o goberno municipal e sendo ademais o único partido que aumentou o número de votos e escanos. A nova Secretaria Xeral tamén agradeceu a tódolos militantes o apoio e confianza e adianta que, como ata agora, seguirá buscando o mellor para os intereses dos ponteareáns e ponteareás segura de que os tempos son outros e de que a cidadanía precisa gobernos renovados que vivan coas necesidades de todos.
Con todos os votos a favor, a socialista ponteareá, Chus Garrote, primeira tenente de Alcalde do Concello de Ponteareas e concelleira de Urbanismo, Vías e Obras e Alumeado, ven de ser elixida nova secretaria xeral do PSdG-PSOE de Ponteareas. Na asemblea ordinaria celebrada este venres, os socialistas de Ponteareas non dubidaron das capacidades da actual Tenente de Alcalde e votaron de xeito unánime a súa candidatura, que estará formada por Vanesa Fernández como Vicesecretaria xeral; Gustavo Carrera, como Secretario de Organización; Francisco Candeira como Secretario de Política Municipal; Inés Vidal como Secretaria de Igualdade; Diego Mo, como Secretario de Comunicación; Maripaz Boente, como Secretaria de Administración e Alfonso Prego como Secretario de Acción Electoral. O Comité Provincial quedou tamén liderado por Chus Garrote, Gustavo Carrera, Manolo Pérez, José Manuel Sebastián e Maripaz Boente, mentres que Vanesa Fernández e Alfonso Porto lideran o Comité Nacional.
Máis de quince anos de traballo nas filas socialistas e a ilusión e a seguridade de que en Ponteareas o partido socialista ten moito por facer. “Liderar un equipo de xente ilusionada e vital é un dos atractivos do meu novo cargo, que afronto nesta carreira para as próximas eleccións e síntome arroupada polos militantes”, afirma Chus Garrote ó igual que “os obxectivos da nova executiva son: aumentar e fortalecer o número de militantes, trasladar á cidadanía todo o traballo que dende o Concello se está a realizar, ademais de reforzar a confianza dos cidadáns no Partido Socialista, para aumentar o número de Concelleiros e chegar a conseguir a Alcaldía nas próximas eleccións municipais.
Os fins do Partido Socialista Pontareá son mellorar a calidade de vida dos cidadáns, facer de Ponteareas unha cidade sostible, para convivir e disfrutar do noso patrimonio (a música, o Corpus, o entorno do río…)
Ter en conta a demanda dos cidadáns en canto ó aumento dos aparcamentos e a mellora da iluminación, son dúas das prioridades que temos presentes nesta lexislatura.