Mos | A concellería de Participación Cidadá pon en marcha un ciclo de cinema en lingua galega cos obxectivos de promover a participación nun ocio que fomente, dun xeito lúdico e atractivo, o uso da lingua galega entre a cidadanía, dando a coñecer as últimas novidades no cinema galego.
Deste xeito, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, proxectaranse tres das últimas películas do cinema galego con máis éxito: “As bestas”, “O corpo aberto” e “Matria”. Serán os días 23 de setembro, 21 de outubro e 18 de novembro ás 21.30 h no Centro Dotacional de Medio Rural en Torroso.