Santiago de Compostela | O activista social Jesús Antonio Fernández Olmedo, acompañado dunha trintena de ciclistas espidos, protagonizarán o roteiro ciclonudista contra as guerras que dende Santiago de Compostela ata Pontevedra e a partir das 13 horas pretende expandirse a outras rexións para sensibilizar e denunciar tamén aos Estados como cómplices destes conflitos nos que, dende Ucraína ata Gaza e outros tantos mais, ao final sofren os pobos.
Os ciclistas irán con pinturas no torso e costas frases como: “Pola liberación dos territorios ocupados”, ” Por un acordo pacífico e resolutivo entre Occidente e Rusia” , “Non ao complexo Militar Industrial” , “Reconversión das fábricas de armas noutra industria”, entre outros. Á vez na cola irá unha pancarta despregable con algún slogan referente ás guerras.