Ourense/C’s | O portavoz do grupo municipal de Cidadáns Ourense, Pepe Araújo, asegurou que o PP fará un exercicio de cinismo defendendo, no pleno, unha moción sobre termalismo coa única finalidade de eludir a súa responsabilidade ante a aprobación, por parte da Xunta de Galicia, dunha Lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais que agride directamente ao futuro termal desta cidade.
“A nova normativa pon en risco as nosas augas mineromedicinales ao esixir que sexan tratadas químicamente, polo que perderían as súas propiedades terapéuticas “, así o explicou Araújo, quen insiste en que o “PP local foi moi pasivo na súa acción política en Ourense e moi servil co PP de Galicia, que aprobou unha lei que prexudica gravemente as nosas augas termais”.
“A nova normativa pon en risco as nosas augas mineromedicinales ao esixir que sexan tratadas químicamente, polo que perderían as súas propiedades terapéuticas”
O portavoz laranxa manifestou que a moción que presenta o PP “só busca eludir a súa responsabilidade por non facer os deberes e tenta cargar contra o alcalde de Ourense unha responsabilidade que foi compartida”. Por iso, solicitou por rexistro, que se convoque de forma urxente unha xunta de portavoces para analizar a situación da concellería de termalismo e reconducir unha “situación grave para o futuro turístico e termal desta cidade”.
Neste sentido, Araújo insistiu en que “os veciños de Ourense deben saber que as termas non se van abrir en todo este ano. Non podemos tapar a incompetencia dos políticos botándolle a culpa aos funcionarios. Debemos posicionarnos co goberno local e defendernos dunha Xunta que agride a Ourense en materia termal”.
Finalmente, o líder laranxa explicou que moitos ourensáns fixeron investimentos pensando no futuro e atractivo termal desta cidade e os políticos deben poñer solucións. “Se realmente cremos no termalismo debemos dotar á concellería de todos os recursos necesarios para ir cara adiante”.