Oia | O Concello de Oia organiza unha actividade gratuíta de clases de música para gaita, pandeireta, bombo e tambor.
As sesións desenvolveranse os luns pola tarde en Torroña e o prazo de inscrición xa está aberto.
As clases terán lugar nas Escolas de Torroña os luns de 19.30 a 21.30 horas e non é preciso ter ningún tipo de coñecemento musical previo para asistir.
As prazas para esta actividade son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán inscribirse no rexistro municipal desde hoxe luns ata o venres 17. Para máis información pódese chamar ao Concello ao número 986.36.21.25.