Santiago de Compostela/CNT | O pasado martes, día 4 de outubro función publica convocou o comité de folga do Consorcio para negociar. Á reunión acudiu o propio Perfecto Rodríguez, Xerente do Consorcio (que en varias ocasións declarouse incompetente en materia de negociación), Xosé María Barreiro, Director Xeral de función pública, a secretaría técnica de Política Social e un técnico da Consellería de Facenda.
Por parte da CNT acudiron Ana Suárez, traballadora en fraude da Galiña azul de Eirís, Elia Ladra, traballadora en fraude do centro de día de Abadín, Martín Paradelo, do Gabinete Sindical da CNT Galiza e Rita Giráldez, do gabinete xurídico da CNT. Nesta primeira reunión expuxéronse, por parte do comité de folga, os motivos do conflito e os argumentos das súas peticións, entre as que se atopan a garantía dunha convocatoria específica no ente, a garantía de oposición non eliminatoria, a retirada do concurso de traslados, unha baremación xusta na que a experiencia se contabilice a antigüidade no Consorcio o triplo que en calquera outra administración, como é usual nestes procesos e se fai para a estabilización do persoal doutros entes instrumentais.
Dende a Xunta escoitaron pero non atenderon ás propostas, aínda que se emprazou a unha nova reunión para o martes 25 de outubro. A negociación entre as partes está aberta e as peticións das traballadoras son claras, dende o sindicato declaran “é un bo comezo, pero este non pode ser o final, as nosas peticións son claras e están dentro da legalidade. O que resta de semana suavizaremos as nosas protestas como mostra de boa vontade, pero non pararán”. O pasado martes xa se desconvocou unha protesta en Ourense, na reunión do presidente Rueda co alcalde de Ourense.
Denuncias da CUT Citröen ante o inicio da votación en STELLANTIS Vigo
Por outra banda, este 13 de outubro iniciouse o proceso electoral en STELLANTIS Vigo, dende a CUT Citröen denunciamos a distribución das mesas e cabinas de votación, ao entender que tal e como están situadas na practica totalidade das mesas , esta distribución non permite o necesario sufraxio electoral libre, igual, directo e segredo, ao estar interventores e representantes da empresa excesivamente preto e con visibilidade das areas de recollida das papeletas das distintas candidaturas.
Existe pois, unha presenza reforzada en todas e cada unha das Mesa de votación de interventores/as da representación empresarial, e polo tanto, mantense un desequilibrio de posición respecto ás persoas electoras. Un proceso de votación de eleccións sindicais, tal e como establece a xurisprudencia, non é igualitario ao procedemento electoral convencional, xa que, o desequilibro entre a parte empresarial e o traballador/a e manifesto, e sobre todo tendo en conta a gran precariedade existente na fabrica.
Con datos como os seguintes: A taxa de parcialidade no persoal non cualificado é do 45%. Dunha plantilla aproximada de 6.000 persoas, tan so 1.487 persoas teñen un contrato de 8 horas sen mecanismos de flexibilidade, o resto do persoal esta a expensas de evolucións de contrato, novacións,… e o persoal eventual a espera de contratación estable.(Aprox. 2000 persoas). Situación de precariedade que se acentúa nas quendas de noite.
Polo tanto a presión e posible intimidación coa distribución das mesas de votación e o establecemento de elementos auxiliares tensiona innecesariamente o desenvolvemento do proceso electivo, facilitando o acceso á información do sentido do voto por parte dos interventores, integrantes das mesas e do representante da empresa. Consideramos que, existe constancia de requirimentos para o voto en Mesa Auxiliar como instrución para cos traballadores/as, o que revela que, constitúen instrumento de descubrimento involuntario do sentido do voto.
Esta situación xa previamente foi denunciada pola CUT en laudo celebrado o pasado venres dia 7 de outubro que, a dia de hoxe inexplicablemente non esta resolto polo arbitro, cuestión esta que provoca unha indefensión as persoas traballadoras que precisan rematar con un proceso electoral con posibles eivas democráticas, que historicamente “favoreceron” a maioría sindical existente no centro. Hoxe esta prevista unha visita ao centro dos medios de comunicación, para facer unha reportaxe fotográfica, nesta visita poderán comprobar os termos aquí denunciados.