Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra, dentro da campaña autonómica “Quere o teu mercado” organizou este 3 de xuño unha actividade de cociña no mercado municipal para os máis cativos.
A actividade é subvencionada pola Xunta de Galicia dentro da campaña “Quere ao teu Mercado”, co propósito de que a mocidade e os veciños coñezan a profesionalidade e bo facer dos praceiros e praceiras, e saiban mercar produtos frescos e da zona.