Vigo | As instalacións que COGAMI ten en Vigo (rúa Teixugueiras, nº15, baixo) acollen un curso AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas) de Comunicación en Lingua Castelá N2.
Esta formación, que cofinancian a Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, consta de 138 horas lectivas que se imparten ata o día 23 de marzo, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O curso inicia con 14 persoas, 9 mulleres e 5 homes, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo ou de incapacidade laboral para a profesión habitual, procedentes dos concellos de Vigo, Baiona e Salvaterra do Miño.
COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, rexistrando arestora un total de 3.533 persoas inscritas.