O Covelo | O Concello de Covelo informa que o persoal técnico sanitario do programa Coidados Porta a Porta da Xunta de Galicia ofrecerá unha formación sobre os coidados básicos do oído o vindeiro martes día 4 ás 19 horas no auditorio municipal.
Aberta a toda a cidadanía e totalmente de balde, esta formación pretende mellorar os hábitos de hixiene e os coidados diarios que podemos realizar para previr futuras doenzas.