O Porriño | O programa de Coidados porta a porta, que achega á veciñanza atención gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria, está de novo no Porriño.
A unidade móbil estará aparcada nas inmediacións do Pavillón Municipal hoxe e o luns para atender aos veciños. Esta é a terceira parada que Coidados porta a porta fai na vila. Nas dúas anteriores, que tiveron lugar nos meses de maior e novembro do ano pasado, recibiron atención máis de 130 maiores do Porriño.
Esta mañá o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá O Porriño e xunto co alcalde, Alejandro Lorenzo, valoraron cos profesionais que atenden no servizo o desenvolvemento do mesmo, e destacou a importancia que ten este programa para achegar servizos sociosanitarios ao carón dos fogares das persoas maiores, vivan onde vivan. Desta maneira evítase que teñan que facer longos desprazamentos para recibir estes coidados e ese lles facilita que poidan seguir vivindo na súa contorna.
O rexedor destacou a importancia de poñer á disposición dos maiores todas as ferramentas que estean ao alcance do Concello para mellorar a súa calidade de vida. Para acceder ás consultas deste programa soamente é necesario solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992, ou ben a través do correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Serxio Martínez logra medalla na 42º Regata Internacional en Gondomar
O remeiro porriñés Serxio Martínez Troitiño, que vén de facer dobre podio na 42 Regata Internacional de Gondomar, foi recibido na casa consistorial como mostra do recoñecemento do seu pobo aos seus logros deportivos.
Serxio, que ten de 18 anos, disputou a proba lusa co seu equipo, o Remo do Miño, alzándose co ouro na categoría 4x xuvenil masculino e o bronce na 8+ absoluto masculino. Suma así dous novos recoñecementos ao seu palmarés, que pese a levar pouco tempo, medra de maneira proporcional ao esforzo deste mozo remeiro.
E é que Serxio comezou a practicar remo hai tan só dous anos e o fixo, tal e como el relata, de maneira totalmente casual, cando , cando un compañeiro de traballo do seu pai que practicaba esta modalidade deportiva o convidou a probala e dende entón converteuse na súa paixón.
“Enganchoume totalmente” , explica Serxio, “O remo é un deporte moi completo e esixente, que require un rendemento físico e mental moi alto, algo que me gustou e ademais aquí contamos co Miño, que para adestrar é un luxo, dos mellores”.
É esta entrega a que o leva a compaxinar os seus estudos de 2 de bacharelato no Pino Manso cos seus adestramentos practicamente diarios, pese ao esforzo que iso conleva. Agora está xa coa vista posta nas próximas competicións, o Campionato Galego de Remo Olímpico que se disputará en poucas semanas, e o seu gran obxectivo, o Campionato de España. O rexedor, Alejandro Lorenzo, felicitouno en nome de todo o pobo do Porriño polos seus logros e animouno a seguir disfrutando do seu deporte “os teus éxitos sentímolos nosos e estou segurísimo que a finais de xuño estaremos aquí recibíndote para darche a noraboa por ese Campionato de España”.