Coidados Porta a Porta no Covelo

Os días 4, 5 e 6 de xullo

O Covelo | Os Coidados Porta a Porta volven ao Concello de Covelo para ofrecer consultas de podoloxía, audición e estimulación da memoria. Na área para autocaravanas instalarase o autobús sanitario que atenderá os días 4, 5 e 6 de xullo en horario de 09:00 a 20:00 horas.

O prazo para solicitar citas ábrese o día 2 de xullo e as persoas interesadas en recibir coidado de audioloxía, podoloxía e memoria deberán chamar a un destes números de teléfono, 622.748.283 /623 546 992 ou contactar por correo electrónico en coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal