Vigo | Zona Franca de Vigo e o Corpo Consular colaborarán para apoiar accións comerciais e no asesoramento para a instalación de empresas de países con consulado en Galicia.
O delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, recibiu ao Corpo Consular da cidade, liderado polo seu decano, o cónsul honorario de Polonia, Juan M. Vieites Baptista de Sousa.
David Regades explicou que “a internacionalización está no ADN da Zona Franca, como axencia de desenvolvemento económico, e o Corpo Consular é un excelente vehículo para canalizar o interese que teñen por Galicia e Vigo das empresas dos países que representan. Tamén para axudar ás empresas galegas a chegar a eses países”.
Juan M. Vieites ofreceu “a colaboración do Corpo Consular de fronte ao futuro para actuar con delegacións de países con consulado, desde o punto de vista comercial e de asesoramento para a instalación de empresas”. Ademais, subliñou “a excelente rehabilitación do edificio que é a nova sede de Zona Franca” e “o traballo que fai Zona Franca no seu labor de fronte ao mundo empresarial”.
Os representantes consulares visitaron a nova sede do Consorcio, un edificio histórico do século XIX que rehabilitou Zona Franca, que ofrece toda a súa planta baixa para a organización de todo tipo de actos e actividades da cidadanía.
Así mesmo, nunha reunión co delegado do Estado, coñeceron todos os proxectos que ten en marcha o Consorcio.
Ademais do decano do Corpo Consular e Cónsul Honorario de Polonia, Aaron Medina Aldrete, Cónsul Xeral de Panamá; María García de la Concha, Cónsul Honoraria de Reino Unido; Martín Pachecho Morillo, Cónsul Xeral de Venezuela; Ramiro Rodríguez Bausero, Cónsul Xeral de Uruguai; Julio Vázquez Domínguez, Cónsul Honorario de Guinea-Bissau; Diego Esquer Rufilanchas, Cónsul Honorario de Romanía; José Antonio de Román, Cónsul Honorario de Dinamarca; José Luis Pera Pardina, Ex Cónsul de España en Valença do Minho; e Pedro Rivas Prieto, Ex Cónsul de Brasil.
Cambios na Semana dá Administracion Aberta
A Semana da Administración Aberta, que se ía a celebrar este mes de maio, pasará ao mes de xuño, tras publicarse no Boletín Oficial da Junta de Andalucía o Decreto de disolución do Parlamento de Andalucía e de convocatoria de eleccións.
A decisión afecta á actividade programada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, con visitas á súa sede e parques, que se trasladarán á semana entre o 27 de xuño e 1 de xullo. Zona Franca de Vigo reprogramará a actividade e volverá comunicar as accións, ademais de poñerse en contacto coas asociacións e colectivos que xa reservaran data para as visitas. De acordo cos criterios interpretativos da Xunta Electoral Central sobre as prohibicións establecidas no artigo 50 da LOREG e co fin de extremar a prudencia durante o desenvolvemento do proceso electoral, o Goberno adoptou a decisión de aprazar a Semana da Administración Aberta.
Este aprazamento foi comunicado á Alianza para o Goberno Aberto para que sexan tomadas en consideración as circunstancias extraordinarias que concorren no caso de España e que aconsellan a celebración da Semana en datas posteriores ás propostas.