O Covelo | O Concello de Covelo amosa o seu apoio á mocidade que cursa os seus estudos no IES Val do Tea, centro de referencia do concello, adquirindo os libros de lectura das materias de Lingua Castelá e Lingua Galega.
En coordinación co centro, a Biblioteca Pública Municipal contemplou nas súas adquisicións os libros de lectura obrigatoria para facilitar o acceso aos mesmos.
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, salienta a importancia de optimizar os recursos e traballar de xeito colaborativo e coordinado con outras institucións como o instituto Val do Tea de Ponteareas.
Agradece tamén, tanto a iniciativa da Biblioteca Pública Municipal de Covelo como a boa disposición e axilidade do centro na procura de melloras para a comunidade educativa.