Santiago de Compostela | A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, no nome de toda a profesión, lamenta profundamente o falecemento en Boiro do xornalista e colexiado Luís Blanco Vila, o pasado 31 de decembro, e traslada as súas condolencias á familia e achegados.
Luís Blanco Vila naceu en 1936 en Boiro e mentres estudaba Filoloxía na Universidad Central de Madrid (antecedente da Complutense) comezou a cursar xornalismo na daquela recén creada Escuela de Periodismo de la Iglesia. En 1962 comeza a traballar no Diario Ya de Madrid, e posteriormente exercerá de correspondente das cabeceiras de Editorial Católica en Portugal, Francia e Italia, cubrindo acontecementos como o maio do 68 ou o Concilio Vaticano II. En 1971 regresa para asumir a dirección de El Ideal Gallego e dous anos despois volve a Madrid para incorporarse ao consello de redacción de Editorial Católica e ser comentarista e director de internacional del Diario Ya.
Doutor en Filoloxía Románica, licenciado en Ciencias da Información e Diplomado en Televisión, a segunda parte da súa experiencia laboral estivo máis centrado na docencia, dentro da área de Teoría da Literatura da Universidad San Pablo-CEU, onde tamén deu aulas de xornalismo, sen deixar de colaborar ademais en numerosos medios de comunicación. Membro do Colexio de Xornalistas desde a súa fundación, foi tamén presidente do Centro Galego de Madrid, do Club de Periodistas Gallegos en Madrid e da Federación de Asociaciones de la Prensa.
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia recibe con tristura a nova do seu falecemento e traslada o pésame a toda a familia e as persoas achegadas.