Salvaterra de Miño | A Casa do Conde foi o escenario da presentación este 16 de xuño do libro “Cristóbal Colón: primer evangelizador de América” a cargo do seu autor, Luís Pose Regueiro, historiador da Igrexa e párroco na mesma zona do Condado. O acto contou tamén coa presenza da alcaldesa Marta Valcárcel.
O libro ofrece unha perspectiva novedosa e fundamental para achegarnos á empresa de Colón dende unha perspectiva máis relixiosa que económica, política ou militar. O autor utilizou ata 150 fontes contrastando feitos históricos sobre o Descubrimento de América.
Segundo explicou o autor, a empresa de Colón “foi relixiosa dende un principio e buscaba a conversión á fe católica das poboacións indíxenas”. Sinalou que este perspectiva evanxelizadora estaba “en sintonía coa idea relixiosa da Raíña Isabel”, toda vez Colón tamén contribuíu a realizar unha ampla labor en materia antropolóxica, amosando un notable intereses polas crenzas e linguas aborixes, factor este último que impulsou posteriormente Frei Ramón Pané.
O acto da presentación contou cunha nutrida asistencia de público, interesado nas pesquisas históricas do libro e principalmente sobre o personaxe, Cristóbal Colón.