Tomiño | A Asociación de comerciantes ADETO lanza a primeira de varias campañas temáticas que vai a levar a cabo ó longo de este ano, pretendendo así que todos os sectores asociados se vexan beneficiados das campañas.
O próximo luns día 10 dará comezo a campaña que se estenderá ato o 20 de maio. Os establecementos participantes estarán identificados coa correspondente cartelería e os clientes que fagan as súas compras en ditos establecementos recibirán papeletas para o sorteo dun vale de compra por valor de 100€.
O sorteo terá lugar o día 22 de maio e o número premiado publicarase tanto nas redes sociais como na web da asociación.
Os comerciantes confían en seguir contando co apoio e confianza dos clientes que se mantiveron fieis durante esta difícil situación que se leva vivindo no último ano, e esperan con optimismo as novas medidas flexibilizadoras que virán nos próximos días.
ADETO presenta ademais con esta campaña nova imaxe corporativa do centro comercial aberto, unha imaxe renovada e actual na que se troca o lema “O natural é mercar aquí” por “Xuntos medramos”, resumindo en dúas palabras os beneficios de consumir no comercio local.
Máis información e bases da campaña en www.adeto.es