Editorial | A medida que imos chegando ao Dia D (léase 25 de setembro) a prensa pesebrista non acougará ata convencernos de que é mellor o malo coñecido que o bo por coñecer.
Sempre foi así. Dende que eu teño uso de razón veño escoitando isto dunha maneira que eu diría case natural. Os cidadáns, xa nolo din os espertos na materia, somos o que escoitamos, o que lemos e o que vemos. Xa dende o claustro materno, como están demostrando no Pais Vasco nun Centro Pedagóxico de nivel europeo, (o que demostra que os vascos saben facer ben as cousas e non teñen cornos, como algúns se empreñan en de mostrar) as criaturas aínda non natas xa aprenden a falar dende o momento en que poden escoitar; así se explica as enormes posibilidades de aprender idiomas que teñen os nenos/as dende a nenez.
Pois ben, nós, homes e mulleres feitos e dereitos, mozos e mozas desta Terra Nosa tamén somos aquilo que lemos, escoitamos e vemos. A pregunta é que tipo de material formativo e informativo temos ao noso dispor. En canto ao que lemos, resulta obvio que a nosa maior fonte de información son os xornais, polo menos para o 90% dos cidadáns; quedamos, permítanme que me inclúa, un 10% que non nos conformamos con o que nos din os de sempre e “atrevémonos” a beber en diversas fontes daquí e do estranxeiro. Temos aí, diante dos ficiños, coma un castigo divino, as pantasllas de televisión meténdonos pola vista e polos ouvidos as mensaxes oficiais. Se non somos bós e nos aventuramos a novas experiencias , eles, os de sempre, non se fan responsables..
Situados neste campo de xogo, chegan ás nosas máns resultados estatísticos que anuncian os posibles representantes que cada opción política pode conseguir en Galicia o vindeiro dia 25 de setembro.
Que os xornais diarios desta Terra Nosa, e de fora dela, non traballan para unha honesta información é algo que poucos dubidamos , pero que sí son moitos os que lles cren como se foran dogmas. Xa se sabe que os galegos somos moi crentes, cristianos, católicos e apostólicos; o de romanos teño dúbidas porque nestes momentos existe unha importante vaga de xenófobos.
Sendo así os resultados están cociñados a gusto dos consumidores. Nin que fora Mister Cheff..
Aos votantes do PP anúncianlles que teñen que mobilizarse a tope porque pode vir o lobo da esquerda e deixalos sen tarta. Aos demais partidos anímanos a presentarse por separado porque hai tarta para todos; Todos poden coller cacho se non van xuntos. Aquí está a trampa. Os responsables da enquisa saben que animando á Oposición actual a que se presente por separado vanse perder vía restos milleiros de votos en cada provincia. Votos que o Sr. Hont se encargará de levar ao cesto da lista máis votada. Danse conta como o teñen todo calculado?
Verdade que nos están facendo a cama? O meu consello é que decidan vdes. onde e con quen se van deitar o dia 25 de setembro.. Ata aí poderiamos chegar.
Sexan felices..