“Preguntouse por qué aqueles que querían destruír todo o bo do seu país eran precisamente os que máis prisa se daban en enarbolar a bandeira nacional”.
Ken Follett (1949) escritor británico de novela histórica e de suspense.
Cando falamos de comparacións, non convén comparar persoas ou cousas entre sí, para evitar que algunha síntase menospreciada, porque cada unha ten os seus propios valores. Pero é moi significativo que cando valoramos as políticas de goberno, sexa a nivel estatal ou autonómico, teñamos que poñer en cuestión en que se gastan os diñeiros públicos? Poucas veces pídese opinión a cidadanía sobre que facer con algunhas partidas, que os gobernos invisten sin dor ningún (e sempre hai cartos para “iso”) e noutras partidas, que a poboación considera de primeiro orden (como a sanidade) eses mesmos gobernantes son tan cicateiro/as ou incluso menosprezan o ben máis preciado que temos: a nosa saúde.
O día 19 de maio do 2023, saíu a noticia de que “o estado español, aumentará un 73% o gasto militar, ate 2026, para sumar 75.798 millóns de euros”. Seguro que ísta inversión é “supernecesaria”, pero logo valoramos o orzamento en cousas do día a día, como ter Pediatra no concello (temos 201 municipios na Galiza sin Pediatría), ter un servizo de urxencias a unha distancia lóxica, ter un/ha Psicólogo/a Clínico/a sen unha lista de agarda interminable, ter un servizo de Matroa, ter o teu Médico de Cabeceira próximo e sen unhas esperas infinitas, poder asistir a unha consulta e non que teñas que dicir por teléfono o que che ocurre, etc…pois ben, neste contexto, sabemos que a Xunta de Galicia, paga á sanidade privada 611.000 euros…DIARIOS! Este ano 2023, dará 223 millóns de euros. E na última década, 2.000 millóns de euros. A externalización de diferentes servizos, como o das Ambulancias “do SERGAS”, cóstanos a frioleira do 13,9% do orzamento. Son datos oficiais do IDIS: Instituto para o Desenvolvemento e Integración da Sanidade (entidade privada que aglutina este sector).
Un concepto importante é a Débeda Pública, que nos indica si unha administración é ou non “boa xestora dos cartos públicos”. Na Galiza, no ano 2008 era de 3.954 millóns de euros. Si a comparamos ca de 2022, que era de 11.977 millóns de euros, deducimos que os gobernos do PP na Galiza, nestes 14 anos, aumentaron a Débeda Pública en 8.023 millóns de euros, o que supón un aumento da carga a cada galego: de 1.429 euros a 4.213. A comparación como se vé, déixa en moi mal lugar ós gobernos de Feijóo e Rueda como “bos xestores”.
“Por que Galiza convoca menos prazas MIR que as permitidas polo Estado?”
Por que Galiza convoca menos prazas MIR que as permitidas polo Estado? Podemos compararnos con outras CC.AA, que sí captan a totalidade das prazas que lles concede o Ministerio…pero Galiza non. Os motivos, Rueda os sabrá, pero non é lóxico, queixarse día sí e día tamén que a culpa é de Madrid, cando él é un irresponsable que deixa sen cubrir prazas supernecesarias na Galiza. Pero aínda o tema é pior: Rueda, na Galiza, convocas prazas de Médico/as (sen Oposición e so por Concurso) e das que convoca, moitas delas, QUEDAN SEN CUBRIR! Como administrador do ben máis importante que temos, un desastre.
E podemos seguir comparando (e saíndo mal parados): a mitade do/as pensionistas da Galiza, vive baixo o umbral da pobreza. Situámonos a cabeza do Estado con máis xubiladxs en risco de penuria económica (informe da Rede Europea de Loita contra a Pobreza).
Máis comparacións odiosas: dous de cada tres sanitario/as, afirman estar “queimado/as”. Sabíamos de estudos que falaban que un/ha de cada tres…pero despois da pandemia xa son 2 de cada 3. (Estudo publicado estos días, na revista International Journal of Social Psychiatri)
E temos unha última comparación (por falta de espazo no artigo), que é escandalosa: Galiza e Madrid sitúanse a cola do Estado en investimento en Atención Primaria. Según datos do Ministerio de Sanidad: o gasto na Galiza é 2,4% por debaixo da media do estado. Estamos de penúltimos, so por encima de Madrid (ambas gobernadas polo PP).
Con esta perspectiva é moi difícil atraer profesionais a esta Comunidade Autónoma e peor aínda, dar un servizo de calidade a poboación.
Debería caérselles a cara de vergoña ao permitir esta situación a quen presume de usar o “sentido común-sentidiño-) e podemos concluír que é o único sentido que non utilizan con rigor.
Dr. Xosé María Dios Diz é médico especialista de AP de Outes.