Mal comezan os da Riada do Tea (Podemos) en materia de montes cando botan balón fora cando o goberno ten competencias en materia de incendios
Ponteareas/CxG | Compromiso tacha as declaracións de A Riada do Tea de desafortunadas porque non só a Xunta de Galicia ten obrigas en materia de lumes se non que o concello ten que cumprir a Lei de Prevención e defensa dos incendios forestais de Galicia, cousa que non fai.
Os galeguistas entenden que o descoñecemento na materia por parte do Concelleiro de Medio Rural, Manuel Troncoso, demostran a falta de coñecementos na materia do propio concelleiro.
Dende hai dous anos o goberno do PP có apoio do PSOE, actuais socios do goberno de A Riada e BNG, adicaron o seu tempo ao desmantelamento da concellería de medioambiente mediante o despedimento de traballadores e peches de departamento, abandonando á súa sorte as obrigas propias do Concello, entre elas a do cumprimento da Lei de Prevención e Defensa dos Incendios Forestais de Galicia, aclaran os galeguistas.
Compromiso manifesta que a lei obriga a que dende o Concello se cumpran as medidas correctoras que establece a dita lei en canto á xestión da vexetación e masas forestais que rodean os núcleos de poboación e vivendas illadas, así como a xestión das masas forestais dentro dos propios núcleos. Sen embargo, o Concello decidiu no mes de decembro de 2013 pechar o departamento de medio ambiente e despedir a varios peóns xardiñeiros, concello que carece ademais de persoal especializado na xestión e loita contra o lume.
Durante todo o ano 2014 e no que levamos de 2015 non se fixeron traballos de inspección, mantemento e prevención para a xestión da biomasa e da vexetación de alto porte arredor das vivendas e núcleos. Agora cun verán calamitoso nese aspecto a pouco que se manteñan as altas temperaturas. podemos atoparnos con situacións de risco para os cidadáns, dado a desleixo do goberno BNG, PSOE e Riada do Tea..
Compromiso aconséllalle ao Sr. Manolo Troncoso, que traballe , no lugar de estar preocupado en sair en tantas fotos, e que se informe de cales son as súas obrigas e deberes, que comecen de maneira urxente os traballos para a determinación de “zonas alto risco de incendio” e redacte un Plan de Xestión e Ordenación de Prevención de Incendios Forestais para Ponteareas, ademais de dotar dos recursos necesarios para que ditos traballos podan ser levados adiante.