Concello da Cañiza anuncia a legalización definitiva do Parque Uceira, antigo Mercado de Gando

Tras varios anos de trámites de expropiación

A Cañiza | O pasado 31 de outubro de 2022 publicouse do Diario Oficial de Galicia nº 207 o ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de expropiación para a execución da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Cañiza no ámbito do antigo mercado de gando.

No DOGA anunciouse que o Concello, no Pleno do 29.9.2022, aprobou definitivamente o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, declarando expresamente a utilidade pública deste proxecto. O Anuncio tamén se publica aos efectos de legal notificación para todas aquelas persoas que poidan resultar descoñecidas e teñan intereses nestes terreos.

Con esta publicación está a piques de rematar un dos procedementos de maior complexidade do Concello. Un expediente de modificación puntual do PXOM ( Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Cañiza) na zona do Antigo Mercado do Gando, no que xa teñen actividade varias empresas, que para a súa legalización e modificación precisaba de varias actuacións vinculantes: a adquisición dos terreos e a redacción dun proxecto para esta área empresarial.

Antecedentes
O proxecto global do parque Uceira xa existía e no seu día, en anteriores mandatos, se fixeron determinadas modificacións urbanísticas. Con todo, estas modificacións quedaron sen efecto porque non se podían legalizar ata que os terreos estiveran totalmente urbanizados e quedara legalizado todo o xa construido.

Para conseguir esta legalización tiveron que iniciarse dous procedementos paralelos: arrancar de novo o expediente de expropiación dos terreos, aproveitando todo o traballo xa desenvolvido con anterioridade e que era convalidable e desenvolver o proxecto de legalización.

Desde o Concello contrátase á empresa R.P.SALNÉS para redactar o proxecto “EXPEDIENTE DE LEGALIZACIÓN DE LA URBANIZACIÓN DEL ANTIGUO MERCADO Y OBRAS COMPLEMENTARIAS”, con entrada no Rexistro da Sede Electrónica o 13 de xuño deste ano.

Para financiar o investimento do proxecto, un total de 110.397,50€ conseguiuse unha subvención da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Industria, dentro do Plan de axudas dirixidas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia de 80.574,00€, para a pavimentacion parcial das rúas e sinalización viaria co obxecto de mellorar a infraestrutura viaria. Tamén se conseguiu outra subvención da Deputación de Pontevedra, a través da Liña 1 do Plan Concellos 2021, de 22.109.83€ e os 7.713,67€ restantes fináncianse dende o Concello con fondos propios.

Novo trámite de expropiación
En paralelo iníciase de novo a expropiación dos terreos, xa que o expediente anterior estaba caducado, ademáis de contar con importantes defectos na tramitación como NON DISPOR da DECLARACIÓN DE PREVALENCIA DA UTILIDADE PÚBLICA sobre o interese social dos Montes Veciñais.

O Concello solicita esta Declaración ante a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, que é o órgano competente para outorgar esta prevalencia. O pasado 5 de agosto o Concello recibe a AUTORIZACIÓN FAVORABLE.

Unha Declaración de Prevalencia da Utilidade Pública sobre o interese social dos Montes Veciñais dos Gomez e de Paredes nunha superficie de 13.237 m3, pertencente á CMVC de Os Gomez e nunha superficie de 7.481 m2 pertencente a CMVMC de Paredes, para a expropiación do Antigo Mercado do Gando, actual parque empresarial debido á modificación puntual do PXOM.

A continuación o expediente pasa a exposición pública para que todos o interesados poideran realizar as alegacións oportunas. Rematado este período, aprobase no Pleno o procedemento e deposítase as cantidades económicas na conta de expropiacións.

O expediente continúa coa entrega das Actas de ocupación e o inicio das obras de legalización da urbanización, previo anuncio da licitación das obras na Plataforma de Contratación do Sector Público e da solicitude das autorizacións sectoriais a Fomento do Goberno do Estado e Confederación Hidrográfica Miño- Sil que foron ambas favorables.

A execución das obras foron adxudicadas o pasado 25 de outubro á empresa NAROM, aprobándose o contrato e a dirección e coordinación de seguridade e saúde.

Segundo comunicou o Alcalde Luis Piña esta mañá, despois de visitar as obras que rematarán nuns días «estas obras permitirán legalizar todo o parque empresarial, realizar novas ventas e o máis importante legalizar as instalacións existentes, talleres e pequenas empresas, que poderán legalizar as súas actividades e solicitar as correspondentes licenzas de actividade e tamén de aluguer». O Proxecto de Legalización da Urbanización do Antigo Mercado do Gando ten por obxecto por en orden legal un espazo urbanístico empresarial existente dende hai décadas.