Concello da Cañiza e Cruz Vermella asinan convenio de carácter inclusivo

No marco do Plan de Emprego desta organización

A Cañiza | A sinatura desta colaboración tivo lugar este 18 de xuño, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, nun acto no que o Alcalde Luis Piña e Carlos Pérez Lago e Concepción Ayude Salgueiro, Presidente e Orientadora Laboral da Asamblea Comarcal do Condado -Cruz Vermella, rubricaron o texto deste Convenio que permitirá establecer e desenvolver  accións de sensibilización sobre igualdade, non discriminación e xeración de mercados inclusivos, durante un ano, podendo prorrogarse durante un ano máis.

A primeira destas colaboracións comezou xa esta semana coa posta en marcha do curso “Hixiene, atención sociosanitaria e nutrición en persoas dependentes”. Unha formación gratuita  de Cruz Roja, de 150 horas de duración, dirixida a mulleres en situación de desemprego, que se impartirá dende o 1 ao 24 de xullo na Casa de Cultura da Cañiza e que todavía hoxe está en prazo para poder inscribirse.

As persoas que estén interesadas todavía poden anotarse a través dos formularios activos na web e redes sociais do Concello, chamando ao número de teléfono 986 64 17 94 ou escribindo ao enderezo electrónico ponteareas@cruzroja.es. O prazo remata hoxe,  ás 15h.

Plan de Emprego de Cruz Roja
“Esta formación enmárcase dentro do Plan de emprego de Cruz Roja que conta co apoio do Ministerio de Traballo e Economía Social e do Fondo Social Europeo a través do Programa Estatal FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a pobreza.

O Plan de emprego de Cruz Vermella conta con diferentes proxectos encamiñados a cubrir as franxas de idade e circunstancias das persoas que se atopan na necesidade de optar a un posto de traballo como “Desafio +45 Plus”, dirixido ás persoas maiores desa idade,

“Activando emple-habilidade”, para persoas en situación de desemprego de longa duración, “Puentes pola igualdade no emprego”, orientado a mulleres e Aceleradores Go para mozos menores de 30 anos.

Desde o Plan de Emprego de Cruz Vermella trabállase coas persoas deseñando un itinerario individualizado, que inclúe orientacións personalizadas, formación, prácticas non laborais, e intermediación”.

O Alcalde Luis Piña agradeceu á Organización por ter escollido A Cañiza para formar parte do Plan de Emprego de Cruz Roja, manifestando que todas as colaboracións son necesarias para poder tender pontes cara á igualdade e axudar á veciñanza a incorporarse ao mercado laboral dignamente e sen desigualdades.