A Cañiza | Esta mañá o Alcalde da Cañiza quixo manter unha xuntanza cos medios de comunicación para informar sobre o balance económico do Concello a data 31 de decembro de 2022.
Un balance que segue sendo negativo en canto ás obrigas do Concello de pago aos seus proveedores, pero que pasou de 4,3 millóns de euros de débeda en decembro de 2019 a 1,46 millóns de euros a finais de decembro de 2022.
Segundo comunicou o Alcalde “conseguimos reducir a débeda en 2,8 millóns de euros en tres anos, grazas a unha política de goberno dura e esixente, que precisou de recortes e grazas tamén a poder liquidar débeda no 1º Mecanismo de Pago a Proveedores de 2022, habilitado polo Goberno de España, a través da Disposición Adicional 94ª da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022, polo que se regulaba este procedemento extraordinario de financiación”.
Este Mecanismo posibilitou poder cancelar as obrigas pendentes de pago coas empresas en 1.241.545,91€uros. Un total de 1.149 facturas dende o ano 2014 ata xuño de 2021 que Hacienda abonou aos proveedores o 30.05.2022 a través da banca CECABANK. Neste punto sinalar que todavía estaba pendente de pago unha factura da mercantil RAFER de 10.827,00€ do ano 2014 de reformas no ximnasio municipal ou as facturas do ano 2019 de humanización do interior do núcleo da Franqueira. Unha obra desenvolvida cunha axuda da Axencia Turismo de Galicia dirixida por Nava Castro: un total de 137.834,42 € dos que se pagaran a 1ª e 3ª certificación pero se debían a 2ª e 4ª certificación.
Esta cantidade ( 1.241.545,91 €) terá que ser devolta polo Concello en 8 anualidades a partires de xullo de 2023 con cargo ao Fondo de financiación da Participación de Tributos do Estado. Unha alternativa que suporá unha retención mensual neste Fondo estatal, do que se nutre a administración, pero que permite ao Concello da Cañiza poder pagar sen ter que endebedarse con préstamos bancarios e o que é máis importante poder pagar as débedas cos proveedores.
Ademáis o Ministerio de Facenda e Función Pública ven de notificar ao Concello que estamos obrigados a tramitar un 2º Mecanismo de Pago a Proveedores 2023, por seguir incumprindo co Promedio Medio de Pago ás empresas que supera os 60 días. Así o recolle o R.D. Lei 20/2022 do 27/12/2022, artigo 108 de medidas de respuesta a las consecuencias económicas y sociales de la Guerra de Ucrania y de apoyo a la reconstrucción de la isla de La Palma y a otras situaciones de vulnerabilidad.
O Ministerio considera que estamos en situación de vulnerabilidade 98 Concellos dos 8.131 que Existen en España, 12 galegos e 3 de Pontevedra entre os que se atopa o noso Concello.
Segundo o Ministerio de Hacienda estamos obrigados, dende o 6 ao 21 de marzo (en que estará aberta a plataforma da Agencia Tributaria habilitada para informar da débeda a proveedores) á subir os 1,46 millóns de Euros en facturas pendentes de abonar. Cantidade que pagará directamente aos proveedores o Ministerio de Facenda o 18 de abril de 2023.
En palabras do Alcalde “Unha extraordinaria noticia para o Concello, porque para nós é moi importante pagar as empresas, que xa bastante levan soportado tendo que esperar tanto tempo para cobrar”.
Este segundo mecanismo que se suma ao primeiro de 2022 ten consecuencias para o Concello porque tamén se retraerá ese 1.400.000€ dos fondos que percibimos con cargo ao Estado, pero de xeito gradual. Con todo ” suporá un enorme esforzo para o Concello porque se minoran os ingresos por parte do Estado, ainda que a boa noticia se compensa con que poñemos o contador a cero en canto a débeda coas empresas”, apunta o Alcalde.
Según comunicou esta mañá o Alcalde “cando tomei posesión e despois de varias auditorias e estudos sobre a verdadeira situación económica do Concello, apareceron 4,3 millons de euros de facturas pendentes de pago aos proveedores”.
“A situación era extremadamente dura, unha lousa encima da Gobernanza e da xestión municipal. Nese momento decidimos adoptar unha liña de acción de rigor, de máxima sobriedad e rixidez, que foi dura para todos”.
“O cadro económico se resume en 4,3 millóns de Euros herdados do goberno anterior que se rebaixa a 3,27 a finais de 2020. En 2021 conseguimos rebaixar a cifra a 2,72 millóns de Euros e a data 31 de decembro de 2022 a 1,46 millóns de Euros.” “Conseguimos recortar 2.8400.000€. Este dato nos permiter ver a dimensión do traballo feito nestes anos”.
“A finais de 2022 as contas do Concello ofrecían un saldo de 531.000€uros. 85.000€ de fondos propios e 445.000€ dos Fondos Europeos, concretamente da subvención do PIREP 1 de Rehabilitación enerxética da piscina”.
“Nestes 3 anos e medio o punto máis difícil que abordamos foi a débeda aos proveedores. Estaban tan cansados de non cobrar, que xa non nos vendían. Directamente cortaron o subministro de material. As dificultades máis graves estiveron no subministro de gasoil tanto para carburantes do parque de maquinaria como para as calefaccións das instalacións”.
“Por outra banda o Concello viviu interminables procesos xudiciais promovidos polas empresas para poder cobrar. Outro factor que dificultou a acción de Goberno”. “Neste punto quero agradecer o aguante de todos os proveedores, sin excepción”.
Ademáis neste 2022 tivemos que afrontar a subida dos carburantes e sobre todo do subministro eléctrico que incrementou os costes nun 99,68%, pasando dunha facturación en 2021 de 317.000€ a 658.000€ en 2022.
“É certo que conseguimos reducir a débeda co Mecanismo de Pago a Proveedores de Hacienda pero SOBRE TODO polo esforzo e a xestión do Goberno”.
“Seguimos un camiño de seriedade, rigor, seguridade, pelexando todos os prezos ata conseguir o máis ventaxoso”
“Ainda que ao principio se puxeron en dúbida a caótica situación económica do Concello, as Contas Xerais rendidas ao Consello de Contas e a obriga de ter que entrar nestes dous mecanismos de pago a proveedores do Ministerio de Hacienda, demostran que todo o que dixemos É CERTO”.
“A pesares de todo, no relacionado á xestión estou contento”, avanza o Alcalde Luis Piña ” e moi satisfeito pola cantidade de obra realizada e pola axuda recibida das distintas Administracións: Confederación Hidrográfica Miño Sil, Goberno de España, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia”.
“Este apoio á xestión municipal fixo que me sentira moi arroupado, tranquilo, seguro, con moitas ganas e moita fortaleza”.