A Coruña | O Concello da Coruña, a través da Concellería de Medio Ambiente, iniciará proximamente as obras de mellora da accesibilidade nas praias da cidade. Os traballos fóronlle adxudicados á empresa Cimbra Contracts, S.L. por un importe de 178.698,49 euros e un prazo de execución de catro meses.
O obxectivo, tal e como explicou a alcaldesa, Inés Rey, é conseguir que as praias da cidade sexan accesibles para todas as persoas. “O Goberno local traballa desde todas as áreas para conseguir unha cidade máis inclusiva”, sinalou.
Pola súa parte, a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, destacou que os proxectos destinados a mellorar a accesibilidade na cidade “forman parte do DNI do plan do concello de gobernar para toda a veciñanza de xeito inclusivo e igualitario”, e engadiu que o Goberno local ten previsto levar estas melloras aos accesos de distintas zonas verdes da cidade e espazos naturais para que toda a cidadanía poida desfrutar delas.
Fontán subliñou que a actuación, que forma parte da Estratexia DUSI, Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado, realizouse contando coas principais asociacións de persoas con discapacidade da cidade: COGAMI, GRUMICO, ONCE e AXPG. Desde Medio Ambiente, avanzaron que as actuacións proxectadas constitúen un primeiro paso dun proceso de mellora na accesibilidade destas praias, que deberá continuar de cara ao futuro con novas actuacións. As obras céntranse en 3 das 5 praias.
O proxecto EidusCoruña está financiado al 80% por el FEDER en el marco del eje de desarrollo urbano del Programa Operativo Plurirregional de España (antes POCS) urbanas, Riazor, Oza e Santo Amaro, considerando que as dúas restantes, Orzán-O Matadoiro e As Lapas, que son as que presentan máis dificultades de adaptación, están próximas ás de Riazor e Santo Amaro, respectivamente.
A primeira actuación levarase a cabo nos paseos marítimos lindeiros coas praias e nos accesos ao areal nos puntos accesibles de Riazor, Oza e Santo Amaro e intervirase nos pavimentos, ramplas, vaos e aparcadoiros, varandas, mobiliario e sinalización de ramplas, escaleiras, paradas de bus e itinerarios preferentes mediante pavimento táctil. Na praia de Oza e mais na de Santo Amaro propúxose acondicionar unha zona de transferencia para persoas con mobilidade reducida, en que estará prohibido estacionar. Ademais prevese trasladar algúns elementos do mobiliario urbano (bancos e papeleiras) para que non invadan o Itinerario Peonil Accesible (IPA).
O proxecto reflicte a construción de paseos peonís de madeira sobre piares para o acceso ao areal desde o paseo lindeiro nas praias de Oza e Santo Amaro. A pendente dos tramos proxéctase igual ou inferior ao 6%, polo que non terá a consideración de rampla. Aínda así, proxéctase un pasamáns a dobre altura nun dos laterais, como axuda ao ascenso-descenso polo itinerario.
Tamén se acondicionarán prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida. Na praia de Santo Amaro, ampliaranse as plataformas en puntos accesibles para instalar duchas adaptadas e da beirarrúa para colocar a caseta de socorrismo. Pola súa parte, en Oza realizaranse obras no pavimento de acceso para que poidan pasar cadeiras de rodas por el.
No areal de Riazor, os responsables municipais teñen previsto axustaren a cota da calzada á beirarrúa no Paseo Marítimo á altura do punto accesible da praia de Riazor, tal como levan anos reclamando as persoas con problemas de mobilidade. El proyecto EidusCoruña está financiado al 80% por el FEDER en el marco del eje de desarrollo urbano del Programa Operativo Plurirregional de España (antes POCS) Dentro das actuacións, prevese tamén facer peonil o paseo de Santo Amaro na fronte da praia, onde tan só se permitirá o paso rodado de bicicletas, vehículos autorizados e persoas de mobilidade reducida.
Canto á instalación do novo equipamento, realizaranse melloras no acondicionamento de aseos adaptados (xa que ningún deles se atopa totalmente adaptado), e a instalación de tres duchas adaptadas (unha en cada praia). Ademais, en Oza instalarase un guindastre fixo para transferencia desde cadeira anfibia con axuda dunha única persoa, e con elevador de acción manual con freo automático, que só se move en caso de acción da manivela, e unha fonte adaptada.
Os areais contarán con tres cadeiras de rodas anfibias para seren usadas por persoas con mobilidade reducida, na area e na auga, xogos de muletas anfibias, dúas cintas de transferencia PMR, tres andadores adaptados para a praia, hamacas adaptadas e tres bucles de indución portátil (un en cada punto accesible) para as empregar en casetas de socorrismo co fin de lles dar servizo ás persoas que utilizan un aparello auditivo. Tamén na praia de Oza, á beira da zona de transferencia, instalarase unha pérgola de madeira.
Doutra banda, proxéctase o acondicionamento de Itinerarios Peonís Accesibles (IPA) até a auga sobre o areal e sinalízanse as pasarelas de madeira actuais cun esmaltado nos seus extremos. Desde o nivel de preamar até a auga, instalaranse pasarelas que se poidan enrolar, de cor azul e gran lixeireza, que poden desmontarse rapidamente en condicións de preamar.