A Coruña | A alcaldesa da cidade, Inés Rey, felicitou as e os novos oficiais da Policía Local e agarda que continúen a ser “unha extensión do propio Concello” para “seguir defendendo as ordenanzas municipais, velar pola seguridade da veciñanza e garantir o servizo público”.
As e os novos oficiais foron recibidos esta mañá no pazo municipal de María Pita pola rexedora, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego; o concelleiro de Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas; e o responsable da Área de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán.
No que vai de ano, ademais destes ascensos, tamén promocionaron 3 oficiais da Policía Local a inspectores.