Concello da Guarda contratará a 13 desempregados dentro do Plan Concellos 2021

Impulsado pola Deputación de Pontevedra

A Guarda | O Concello da Guarda contratará proximamente a 13 persoas desempregadas grazas ao Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais da Deputación de Pontevedra. Neste senso A Guarda pedirá traballadores para Axudantes do Camión do lixo(2), Peóns Limpadores (8), Conserxe(1), Auxiliares de Cultura(1) e Informáticos(1).

Dependendo do posto a desempeñar a xornada será parcial ou completa e a duración do contrato oscila entre os 7 e os 8 meses.

Todas as persoas interesadas a optar a un destes postos de traballo deberán de estar inscritas coma demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia nas categorías da seguinte táboa e empadroadas no Concello da Guarda. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.

Beneficiarios
Persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. No código CNO que se indica para cada posto. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.

Requisitos académicos
Para os postos de Axudante de camión lixo, Peóns limpadores NON se precisa titulación.
Para o posto de Conserxe precisase como mínimo ter o titulo de graduado en ESO ou equivalente.
Para o posto de Auxiliar Cultura precisase como mínimo ter o título de Bacharelato ou equivalente.
Para o posto de Informático precisase como mínimo ter o Ciclo medio da familia profesional de informática e comunicacións ou equivalente.