Concello da Guarda mantén a convocatoria de axudas directas ao comercio

Son dúas liñas de axudas para paliar os efectos da COVID

A Guarda | O obxecto destas axudas é contribuír a paliar o impacto económico que sufriron os negocios con sede social no Concello da Guarda como consecuencia da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19.

Á primeira liña de axudas, que ten de prazo ata o 25 de xuño inclusive para a presentación de solicitudes, ten como obxectivo apoiar economicamente a aqueles negocios que tiveron que estar pechados ao público en aplicación da Orde de 26 de xaneiro de 2021, e que obrigou ao cese de actividade en ximnasios, piscinas, establecementos de restauración ou albergues turísticos, entre outros.

Poderán xustificarse todos aqueles gastos que se teñan realizado entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 25 de xuño, data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

“Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 700 euros en función da contía xustificada”

Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 700 euros en función da contía xustificada.

Máis información sobre os establecementos afectados pola Orde do 26 de xaneiro de 2021: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210126/2549/AnuncioC3K1-260121-7_es.html

Ligazón as bases da convocatoria:
https://boppo.depo.gal/detalle/-/boppo/2021/06/04/2021031268

A segunda liña de axudas está dirixida a negocios en xeral e entidades do 3º sector que desenvolvan actividades económicas na vila, e estaría aberta a solicitude ata o 8 de xullo inclusive. Poderán ser subvencionados aqueles gastos que se indican nas bases, que poden ter sido efectuados entre o 14 de marzo de 2020 e o 30 de abril de 2021.

Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 300 euros en función da contía xustificada.

Ligazón ás bases da convocatoria:

https://www.aguarda.es/wp-content/uploads/2021/06/20210511_Outros_BASES-AXUDAS-COVID-2021.pdf