Concello da Guarda tínguense de verde para conmemorar o Día das enfermidades raras

A celebrarse cada 28 de febreiro

A Guarda | O Concello da Guarda súmase hoxe ás conmemoracións do Día Mundial Enfermidades raras iluminando a fachada da Casa do Concello na Praza do Reló en cor verde. Deste xeito o Concello, que manterá o alumeado en cor verde para visibilizar e difundir esta doenza e concienciar á sociedade sobre a enfermidade.

As enfermidades raras son todo un reto para máis de 3 millóns de pacientes, familias e coidadores en España. Enfróntanse ao diagnóstico, así como ao acceso aos tratamentos e ás rutinas da vida cotiá… o Día Mundial das Enfermidades Raras conmemórase cada 28 de febreiro para poñer de manifesto e reivindicar unha maior concienciación social sobre estas patoloxías.

Unha enfermidade rara é a que afecta a menos de 5 persoas por cada 10.000 habitantes, pero se calcula que en España pode haber de 2,5 a 3 millóns de afectados. O azar ou un proxenitor portador dunha mutación xenética pode facer que a teñamos ou non.
Son moitas as persoas que conviven con elas (máis de 300 millóns no mundo, 3 deles en España), xa que se estima que existen máis de 7.000 enfermidades raras, das cales se identificaron 6.172.

Actividades da OMIX no mes de marzo
A OMIX do Concello da Guarda lanza as primeiras actividades de formación de este ano 2022. As actividades propostas arrancarán neste mes de marzo, son actividades de balde e coma sempre procuran a participación da mocidade en particular pero tamén do resto da poboación en xeral.

As dúas propostas que darán comezo en marzo son:

– OBRADOIRO DE MÚSICA E CANTO MODERNO para a mocidade: unha alternativa que pretende ser unha oferta diferente, moi orientada á xente máis nova cun repertorio actual e moi diverso. Con este obradoiro pretendemos crear unha canle de expresión que encaixe coa mocidade, que libere as súas emocións e que ademais non renuncien a unha formación musical de calidade. Traballarán técnica vocal, expresión e ritmos e escalas da música moderna.

– CONVERSAS EN INGLÉS- obradoiro de práctica de inglés nivel B1. Crearanse situacións cotiás nas que practicar o idioma e así mellorar as nosas ferramentas comunicativas.

No caso de Canto e música moderna o obradoiro impartirase os martes dende as 19:00h ata as 21:00h e no caso de inglés a formación serán os martes e xoves de 20:30h ata as 22:00h. Os dous obradoiros serán de balde para as persoas participantes
Toda a información na OMIX nas súas redes sociais, no mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext 7.