As Neves | O Concello das Neves vén de aprobar en Xunta de Goberno Local, o plan de contratación de 2021.
Ao abeiro do Plan Concellos 2021, solicitouse á Deputación a relación de postos a contratar neste ano, que serán un total de 10 persoas para realizar os traballos de conservación de bens públicos e para o correcto funcionamento dos servizos municipais.
Os postos de traballo, distribuídos en 3 grupos, serían os seguintes:
1. Mantemento de infraestruturas e servizos municipais,
- − 2 Fontaneiros/as. 6 meses de duración de contrato, a tempo completo.
- − 2 Peóns forestais. 9 meses de duración de contrato, a tempo completo.
- − 2 Peóns de obras públicas. 9 meses de duración de contrato, a tempo.
2. Mantemento de maquinaria e vehículos municipais:
- − 1 Condutor/a ou operador/a de maquinaria. 10 meses de duración de contrato, a tempo completo.
3. Prestación de servizos públicos:
- − 2 Peóns de recollida de lixo. 10 meses de duración de contrato, a tempo completo.
- − 1 Monitor/a de servizos a comunidade. 10 meses de duración de contrato, a tempo completo
O plan de emprego, cun custe total de 133.154,06 €, cubriríase con 122.662,91 € da Liña 3 do Plan Concellos e cunha achega municipal de 10.491,15 €.