Arbo | O Concello de Arbo e as asociacións afectadas acaban de remitir á Secretaría de Estado de Energía do Goberno de España alegacións en contra da liña de Alta Tensión. O goberno municipal, puxo ao dispor dos afectados o gabinete juridico co que leva traballando durante estes anos nos temas relacionados coa linea de Alta tensión para redactar as alegacións que se presentaron.
O Concello de Arbo e as asociacións afectadas seguen dicindo Non á liña de alta tensión. Tendo coñecemento da publicación no Boletín Oficial do Estado de data do 3 de xaneiro de 2023 da Resolución de data do 22 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, pola que se outorga a Rede Eléctrica de España, S.A.U., a autorización administrativa previa para a subestación de transporte Beariz 400 kV, a liña aérea de transporte a 400 kV Beariz-Fontefría, a subestación de transporte Fontefría 400/220 kV, a liña aérea de transporte a 400 kV Fontefría-Fronteira Portuguesa e a liña aérea de transporte a 400 kV entrada e saída en Beariz da liña Cartelle-Mesón do Vento, que forman parte do Proxecto de Interconexión norte con Portugal, nas provincias de Ourense e Pontevedra, ao Concello de Arbo e as dúas asociacións afectadas, procede a interpoñer Recurso de Alzada con respecto ao extremo relativo ao outorgamento de autorización administrativa previa para a liña aérea de transporte a 400 kV Fontefría-Fronteira Portuguesa xunto á Resolución de data do 8 de abril de 2022 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula Declaración de Impacto Ambiental do proxecto “Interconexión norte con Portugal” (Subestacións de Covelo e Beariz e Liñas asociadas a 400 kV Fontefría-fronteira portuguesa)
Existe unha ampla contestación social por parte dos veciños e veciñas do municipio de Arbo e do goberno municipal, con respecto da implantación da precitada infraestrutura nos termos proxectados por parte de Rede Eléctrica de España, S.A.U. a cal se mantivo ata a actualidade
O pasado sábado 7 de xaneiro ás 18:00horas no auditorio do Centro Multiusos de Arbo, tiña lugar a reunión convocada polo Concello de Arbo, para informar sobre a decisión unilateral do Ministerio de manter a liña de Alta tensión por Arbo. Na reunión explicouse que no BOE de data 3 de xaneiro de 2023 publicaba a Resolución do 22 de decembro de 2022, de la Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, do Ministerio para la Transición Ecolóxica e el Reto Demográfico, outorgas autorización administrativa a Rede Eléctica de España, SAU, para a construción da liña de Alta Tensión 400KV Fontefría-Fronteira Portuguesa. Entre os acordos adoptados polos presentes aprobouse presentar alegacións en contra da resolución e rexeitar novamente a liña de Alta tensión.