Arbo | O Concello de Arbo adheríase ao programa de gratuidade aplícada tanto nos centros públicos de titularidade autonómica (dependentes da AGASS e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar), como nos privados, de iniciativa social, municipais ou de calquera outra índole que estean adheridos ao programa.
Para elo foi necesaria a aprobación en Pleno da ordenanza Fiscal para establecer a gratuidade da prestación deste servizo da atención educativa no PAI de Arbo a partir do próximo curso 2022-2023, segundo o disposto na Lei 18/2021, do 27 de decembro, que modifica o título da disposición adicional novena da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
Dende setembro de 2022, todas as familias con fillos de entre 0 e tres anos que estean inscritos no P.A.I de Arbo, poderán gozar da gratuidade.
Tras a elevación a definitivo do acordo plenario de 07.09.2022 de aprobación inicial da modificación Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo do Punto de Atención á Infancia de Arbo, tras non presentarse reclamacións contra o mesmo no período de información pública aberto coa publicación no BOP de Pontevedra nº 175 de 13 de setembro de 2022, e coa súa entrada en vigor coa publicación do texto íntegro da modificación da ordenanza no BOP de Pontevedra nº 208 con data 31 de outubro de 2022; a mesma resulta de aplicación a partires do curso 2023/2024 , xa que o devengo das taxas prodúcese por curso escolar, e a súa publicación e entrada en vigor foi posterior ao comezo do curso escolar 2022-2023.