Arbo | Tendo coñecemento da publicación no Boletín Oficial do Estado de data do 3 de xaneiro de 2023 da Resolución de data do 22 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, pola que se outorga a Rede Eléctrica de España, S.A.U., a autorización administrativa previa para a subestación de transporte Beariz 400 kV, a liña aérea de transporte a 400 kV Beariz-Fontefría, a subestación de transporte Fontefría 400/220 kV, a liña aérea de transporte a 400 kV Fontefría-Fronteira Portuguesa e a liña aérea de transporte a 400 kV entrada e saída en Beariz da liña Cartelle-Mesón do Vento, que forman parte do Proxecto de Interconexión norte con Portugal, nas provincias de Ourense e Pontevedra.
O Concello de Arbo e as dúas asociacións afectadas, procederon a interpoñer RECURSO DE ALZADA con respecto ao extremo relativo ao outorgamento de autorización administrativa previa para a liña aérea de transporte a 400 kV Fontefría-Fronteira Portuguesa xunto á Resolución de data do 8 de abril de 2022 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula Declaración de Impacto Ambiental do proxecto “Interconexión norte con Portugal” (Subestacións de Covelo e Beariz e Liñas asociadas a 400 kV Fontefría-fronteira portuguesa)
Transcorrido o prazo legalmente establecido para o ditame de Resolución por parte da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas con respecto do requirimento de anulación formulado por este Concello fronte á Resolución de data do 22 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas e sendo desestimado o citado requirimento de anulación por parte do Goberno de España o Concello de Arbo interpón un recurso contencioso-administrativo fronte ao acto presunto da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, en consenso coas asociacións e os veciños e veciñas afectadas.