Arbo | O Concello de Arbo, unha vez concedida a subvención pola Deputación Provincial de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos – Plan de obras e Servizos (Plan Concellos) 2020, dentro da Liña 1 – Subministración para o investimento de Subministro de Material para colocar en distintos puntos do Concello en Parque PAI Barcela e zonas Públicas Casco Urbano” e realizados todos os tramites oportunos de contratación e adxudicación, procedeu a colocación de bancos, papeleiras e xardineiras polo Casco Urbano e en outras zonas do municipio.
Procedeuse a colocar novas xardineiras e papeleiras na Praza Consistorio, na Rúa Antonia Tovar, e recolocáronse as xa existentes noutros viais municipais, asememo colocáronse bancos en varias rúas do casco urbano e en zonas de titularidade municipal polas distintas parroquias do municipio arbense.
A idea, e según o alcalde, as xardineiras fagan de medida protectora para os peóns e os vehículos non aparquen, e para mellora do servizo o cidadá e a calidade do mesmo, no Casco Urbano. No resto das parroquias colocaronse bancos en zonas de maior uso dos veciños e zonas extratexicas turísticas
O Concello de Arbo, tamén ten en vigor a Ordenanza Municipal reguladora do ornato público, limpeza viaria, parques e xardíns e outros espazos públicos do Concello de Arbo, donde entre outras cousas, se prohibe a coloración de carteis en lugares non autorizados, efectuar calquera manipulación sobre as árbores e plantas sitas nos espazos públicos, Arroxar lixo en espazos axardinados, incluída as xardineiras, mover ou cambiar de lugar o mobiliario das Rúas e, especialmente, da Praza Consistorio, incluído o movemento das xardineiras estando tipificado como sanción.
Coa execución das actuacións executadas, tamén se dotou de seguridade ao parque infantil dotándose de balaustrada polo perigo que supón para os nenos e nenas que fan uso do citado parque – informa o alcalde de Arbo Horacio Gil, que remata “a seguridade dos veciños e veciñas de Arbo, é a prioridade deste goberno dende a súa chegada ao Concello de Arbo”.