Arbo | O Concello Arbo, continúa traballando na mellora da compostaxe na vila, neste caso co reparto de 50 composteiros individuais, que xa se están a repartir entre a veciñanza que realizaron a súa solicitude
Os primeiros composteiros empezaron a entregarse o pasado mercores, no recinto do Punto limpo, por Raimundo Rodríguez Guntín, Concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural.
O Concello de Arbo, solicitaba novamente a SOGAMA 50 composteiros co obxetivo de estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.
O obxetivo é por unha parte, reforzar a mensaxe dos beneficios do compostaxe caseiro, e por outra banda, apostar polo compostaxe a fracción orgánica producida nas vivendas e reducir a entrada no circuíto de xestión do lixo do concello de calquera tipo de residuo orgánico biodegradábel.
O alcalde do Concello de Arbo, detaca o gran exito do programa de compostaxe, “En total o Concello de Arbo, leva repartido 170 composteiros, 50 no ano 2020 o e no ano 2021 un total de 120 , e dado a demanda que existia procedeuse a pedir unha nova partida, o que fan un total de 220 composteiros dende o comezo da Campaña”
As veciñas e veciños que reciben un composteiro do programa municipal quedan comprometidas a participar nas labores de inspección que programe o Concello a fin de comprobar o correcto uso do dispositivo entregado.
A elaboración de compost na casa ten moitas ventaxas, tanto medioambientais como económicas. O compostaxe permite reutilizar os refugallos que de outra maneira acabarían no colector verde convenicional e contribúe a reducir a frecuencia do servizo de recollida.
O Alcalde explicou que “a pretensión dende o Concello é reducir a xeración de residuos dos nosos fogares, colaborando asi mesmo co medio ambiente porque obtemos un abono natural de excelente calidade para as nosas prantas, legumes, hortalizas…..”.