Oia | O Concello de Oia organiza o curso “Mobilízate coa banca electrónica”, co obxectivo de ofrecer formación e asesoramento no uso seguro dun tipo de servizos que actualmente teñen moita demanda. A actividade é gratuíta baixo inscrición previa e desenvolverase os martes e xoves do vindeiro mes de xullo.
O curso será impartido por Infortastiera e vai dirixido a persoas interesadas en familiarizarse no uso da banca electrónica a través de dispositivos móbiles (teléfono smartphone). As sesións formativas desenvolverase na Aula de Novas Tecnoloxías (baixo da casa do Concello) os martes e xoves 5, 7, 12, 14 e 19 de xullo en horario de 10.00 a 12.00 horas.
As prazas son limitadas, polo que é obrigatorio inscribirse no rexistro do Concello de Oia ata o 1 de xullo. O único requisito para recibir a formación será a obrigatoriedade de levar ás sesións un teléfono móbil co que poder traballar.
Para máis información sobre esta actividade pódese chamar ao Concello ao teléfono 986362125.