Ponteareas | O Concello de Ponteareas aumenta o cadro de persoal da Policía Local mediante a incorporación de dous efectivos.
A alcaldesa, Nava Castro, e o tenente de alcalde, Juan Carlos González, recibiron aos axentes que desde hai unhas semanas xa forman parte deste servizo municipal e avanzaron que ao longo do 2024 uniranse catro axentes máis.
A incorporación destes dous efectivos, xunto aos catro que se sumarán no 2024, é unha aposta do goberno municipal para responder ás necesidades dos veciños e das veciñas, segundo explicou o tenente de alcalde, Juan Carlos González, quen incidiu en que “somos un Concello que conta cunha poboación de 23.000 habitantes distribuidos en 24 parroquias polo que debemos ter unha Policía Local dotada cos recursos necesarios”.
Neste sentido, o goberno municipal indica que se cubrirán “todas as vacantes da Policía Local e, se fora necesario, convocaremos unhas novas para garantir o correcto funcionamento deste servizo municipal”.