Ribadumia | O Concello de Ribadumia propón unha actividade formativa en colaboración coa Escola de Enerxía da Fundación Naturgy.
Os veciños e veciñas que participen nesta formación poderán aprender a ler e optimizar a súa factura, e entender así toda a información que este documento recolle sobre o consumo de cada un e o que significa cada un dos custos que contempla.
Esta formación pode arroxar así novos hábitos de consumo eficientes e tamén se darán a coñecer nesta as axudas que están a disposición dos consumidores.
A actividade terá lugar o próximo luns día 12 de xullo en horario de 10 a 11:30 horas. E será preciso que cada un traia unha factura da luz. E non é preciso que sexan clientes de Naturgy, pode asistir calquera persoa coa factura que sexa posto que os conceptos son comúns para todas as comercializadoras.
Para poder asistir será preciso que se inscriban no Concello en horario de 9 a 14 horas ata o próximo venres 9 de xullo, ou nos teléfonos 986718491/99.