Salceda de Caselas | Onte o equipo de goberno local deu a benvida ás novas incorporacións de persoal contratadas ao abeiro da Liña 3 do Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra.
O persoal contratado ocupará postos de traballo para facer fronte a diferentes tarefas en diferentes servizos que presta o concello como os de Medio Ambiente, Recadación, Orientación Laboral, Conserxería, Biblioteca e Mantemento de dependencias municipais.
A tipoloxía de postos de traballo que se ocuparán grazas a estas contratacións serán 6 persoas para os postos de peón de xestión de residuos, 2 persoas para os postos de peón forestal, 2 persoas para os postos de conserxe/bedel, 2 persoas para os postos de auxiliar administrativo, 1 persoa para o posto de condutor/a de camión, 1 persoas para o posto de bibliotecario/a e 1 persoa para o posto de Técnico/a de Orientación Laboral.
As novas incorporacións terán un contrato de seis meses de duración a xornada completa.
Loli Castiñeira, Concelleira de persoal felicita as 15 persoas que terán a oportunidade de ocupar un posto de traballo durante 6 meses. Estas contratacións servirán para mellorar a calidade dos servizos do noso Concello, e reforzar a plantilla de persoal en moitas áreas.
Verónica Tourón Alcaldesa e Responsable da Concellería de Emprego subliña a importancia de que dende as administración locais se desenvolvan estratexias centradas nun dos desafíos máis importantes que teñen as políticas de fomento do emprego, acadar resultados efectivos na inserción laboral das persoas que participan nas accións deseñadas.
Dende o concello de Salceda ademáis desta liña de contratación solicitada ao abeiro do Plan Concellos 2022-2023 se teñen igualmente posto en marcha outras estratexias importantes de fomento do emprego como son o obradoiro de emprego ou o programa integrado de emprego.