Salvaterra de Miño | Este xoves 9 de febreiro ás oito da noite tiña lugar no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño unha reunión informativa cos viticultores para informar de primeira man sobre a Praga de Flavescencia Dourada da Vide.
Queremos dar as gracias a todos pola súa presencia, a viticultores, ao Presidente da Cofradía do Viño do Condado do Tea, ao Director Xeral de Gandería, Agricultura e Industria Agroalimentaria, ao Subdirector de Explotacións Agrarias e ao Xefe Territorial de Medio Rural, xa que para este Concello era fundamental dar de primeira man a información precisa e responder todas as dúbidas que puideran ter os novos viticultores.