Tui | Dende o Concello de Tui amosamos a total condena aos feitos acontecidos esta noite no conxunto histórico de Tui onde foron queimados máis de vinte coches en distintos puntos. Por tanto, restrínxese o acceso ao conxunto histórico só a residentes.
Tras estes graves feitos solicitamos a colaboración cidadá para que aquelas persoas que poidan ter algunha información sobre os autores destes incendios se dirixan ao cuartel da Garda Civil de Tui.
Solicítase que para facilitar os labores de investigacións os vehículos afectados non sexan retirados do lugar. A aquelas persoas cuxos vehículos sufriron danos menores e foron retirados do lugar solicítaselles que se poñan en contacto co cuartel da Garda Civil de Tui.
Por outra parte nas zonas onde se produciron os incendios, ante a presenza na rúa dos líquidos empregados para extinguir o lume, débese pasar con precaución tanto a pé coma en coche, xa que poden estar esvaradizos.