O Porriño | O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, Antía Carrera, visitaron hoxe a fábrica de Xylazel no Porriño dentro da rolda de encontros que están a manter coas empresas do municipio.
A empresa, fundada en 1975 por Zeltia, foi adquirida no ano 2018 pola compañía holandesa AkzoNobel, que consolidou deste modo a súa aposta polo liderado en tratamento e pintura de madeira e metal, non só en España, senón no mercado mundial.
Con 40 persoas no cadro de persoal, parte importante deles veciños e veciñas do Porriño e a súa zona de influencia, as súas instalacións acollen na actualidade a planta de producción de dúas marcas do grupo: Xylazel, especializada no tratamento e pintura de madeira,e Oxirite, adicada á protección e pintura no metal.
“Que grandes compañías como AkzoNobel aposten por firmas do Porriño é sinal do potencial que ten a nosa industria”, afirmou o alcalde, “Xylazel garda unha estreita consolidade relación co municipio, o 90% dos seus provedores son empresas locais e o groso da súa plantilla é do Porriño. Contan coa nosa man tendida, tanto eles como o resto de empresas dos nosos polígonos industriais, para que a industria do Porriño siga a ser un referente”.