O Porriño | O Goberno Municipal leva este 14 de setembro a pleno a declaración dos polígonos residenciais de Torneiros como “Entorno Residencial de Rehabilitación Programada” , o que permitiría á veciñanza o acceso ao programa de axudas para actuacións de rehabilitación a nivel de barrio financiadas con fondos da Unión Europea-NextGenerationEU.
O ERRP abranguería unha superficie total de 124.560 m2 que inclúe 50 bloques de edificios ( 15 na Fase I, 7 na Fase II, 23 na Fase III, 4 na Fase IV e 1 na Fase V) e os viais e zonas libres que os rodean.
“A proposta que poñemos sobre a mesa permitiría á veciñanza dos polígonos residenciais optar a axudas para a mellora e rehabilitación de inmobles, edificios ou vivendas unifamiliares, sobre todo envolventes –fachadas, cuberta…- cambio de ventás ou para a retirada de elementos con amianto, algo que urxe nos polígonos de Torneiros”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.
Falamos dunha contía de 22,9 M de euros para barrios, 22,9 M de euros total para edificios e 13,5 M para vivenda as que á que a veciñanza da zona declarada como ERRP podería optar.
No caso das vivendas as axudas poden acadar o 40% do investimento, cun máximo de 3.000 euros. As actuacións subvencionables inclúen a mellora ou rehabilitación do inmoble que deberá obter un aforro enerxético polo menos do 7% , unha reducción no consumo de Enerxía primaria non renovable do 30% ou adecuar aos requisitos do CTE os elementos da envolvente.
Neste caso Se se trata de edificios, os beneficiarios serán particulares ou comunidades de propietarios, e as axudas poden acadar o 80% do custo, cun máximo de 18.800 euros por edificio , contía que se incrementa en 12.000 euros máis en caso de retirada de elementos con amianto. As actuacións están dirixidas á mellora ou rehabilitación (do edificio ou de vivenda dentro do mesmo), sobre todo as tocantes á cuberta ou fachada, e en calquera caso, deberán conseguir unha reducción do consumo d eenrxía primaria non renovable do 30% e ademais unha reducción da demanda enerxética anual glopbal da calefacción e refrixeración da vivenda ou edificio do 25% ou 35%.
Destacar que no caso de persoas en situación de vulnerabilidade económica a axuda pode acadar o 100%.
“Trátase dun dos principais núcleos de poboación do Porriño e hai que acondicionalos, non só para adecualos á normativa vixente, senón tamén para mellorar a calidade de vida da veciñanza que reside neles”, concluíu o alcalde, “Dende as asociacións veciñais e particulares veñen reclamando que se actúe nestes bloques de vivendas sen ser escoitados. Esta financiación é vital para eles”.