Concentración contra Altri en Ourense

Decenas de persoas protestaron contra a concesión por parte da Xunta de Galicia

Ourense | Ourense sumouse hoxe domingo ás 12.00 horas na Praza Maior ás concentracións de protesta, logo da concesión de permiso ambiental da Xunta á macrocelulosa impulsada por un consorcio da empresa portuguesa Altri e a galega Greenalia que afectará directamente os municipios de Palas de Rei (Lugo), Santiso e Melide (A Coruña) e Agolada (Pontevedra), así como a todas as localidades na marxe do río Ulla e na ría de Arousa.

Un grupo de manifestantes vocearon contra a Xunta e contra Rueda en particular pola postura favorable do Goberno galego á instalación desta empresa en Galicia na nosa comunidade.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.