Concurso de caricaturas políticas Ranan Lurie, das Nacións Unidas

Francisco Puñal Suárez | Un debuxo metafórico do eslovaco Miroslav Barvircak, editado no medio “Korzar”, e no que aborda a temática dos refuxiados que tratan de chegar á Unión Europea, camiñando sobre unha roda que vira sobre si mesma, gañou o primeiro premio no concurso Ranan Lurie de caricaturas políticas, publicadas na prensa, que organiza a ONU desde 2005, para destacar o valor da opinión dos humoristas gráficos.

 

O segundo premio foi para o israelita Yonatan Wachsmann, e o terceiro, para o norteamericano Steve Sack.

 
Tamén foron outorgadas dez mencións de honra, entre os debuxos que chegaron dos cinco continentes. Neles abórdanse os temas do drama da emigración a Europa, a guerra en Siria, a miseria no mundo, o triunfo de Trump, a censura á prensa en Turquía, e a corrupción en Afganistán, entre outros.

 

O evento valora e recoñece a importancia da caricatura de prensa no mundo, a súa forma artística e a súa determinación crítica neste planeta convulso en que vivimos.