Mos | A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Medio Ambiente, Laura Méndez, presentaron hoxe o concurso de grafiti para decorar os refuxios para as colonias felinas enmarcado dentro da campaña medioambiental mosense CoidaMOS.
O Concello de Mos, a través da concellería de Medio Ambiente, impulsa e fomenta accións de sensibilización medioambiental en múltiples e variadas accións. Neste caso, o obxecto deste concurso é o deseño e realización, para o posterior pintado decorativo dos contedores de vidro en desuso que posteriormente serán utilizados como refuxio de colonias de gatos rueiros.
As características do elemento a decorar son: contedor iglú de reciclaxe de vidro en desuso.
Medidas 1.70m de ancho por 1.90m de alto.
Poderán participar neste concurso todas aquelas persoas afeccionadas ao grafiti e pintura mural que o desexen, maiores de idade e a partir de 16 anos con consentimento paterno.
As persoas interesadas en participar poderán presentar a súa proposta de deseño dende o luns 15 de abril ata o venres 26 de abril, a través do Rexistro Xeral ou na sede electrónica do Concello de Mos.
O xurado reunirase o luns 29 de abril para a elección de catro proxectos gañadores. O ditame do xurado farase público o 30 de abril durante o Festival Camiño da Rosa. O xurado contará con profesionais do sector das artes e o deseño entre os que destacan o recoñecido e premiado artista mural, Delio Rodríguez Ces, e o Coordinador do Bacharelato de artes do IES de Mos.
Delio Rodríguez Ces, que exercerá a Presidencia. O artista vigués Delio Rodríguez Ces é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e Máster en Debuxo – Creación, Producción e Difusión pola Universidade de Granada, conta cunha ampla experiencia en intervención mural, actividade por la que foi galardoado en varias ocasións. Entre elas recibiu o I Premio Centro Oncolóxico de Galicia(COG)AD Grupo Regueira de intervención artística pola súa obra “O xardín silvestre”, que pode contemplarse na entrada do Servizo de Medicina Nuclear do centro médico coruñés. Na súa cidade natal ten pintado diversos muráis emblemáticos como o do polbo xigante en Beiramar ou a fachada da piscina do Náutico. E en Mos é autor do mural DEMOSTRA no edificio Multiusos das Pozas.
As persoas gañadoras realizarán o seu deseño en directo no mesmo Festival, o martes 30 de abril, na explanada do Pazo de Mos. A valoración dos deseños presentados farase seguindo criterios artísticos e estéticos acordes á finalidade medioambiental do proxecto. Os autores dos elixidos catro mellores traballos recibirán cada un deles un vale valorado en 150 € de Deportes González e un vale de 100 € para adquisición de pinturas en Morfisa,S.L.